Bioloxía e Xeoloxía 4ºESO


Xa temos o  obxectivo á vista, falta pouco e cun último esforzo a bioloxía e xeoloxía de secundaria pasará a ser historia polo traballo feito, e ledicia polos coñecementos e comprensión do funcionamento da natureza adquiridos.
 Guión dos contidos que deberedes dominar para preparar correctamente a proba da terceira avaliación, que terá lugar o 4 de XUÑO :



TEMA 9:
- Primeiras ideas sobre a idade da Terra
- Formas de determinar cando sucedeu un acontecemento:
Datación relativa: so ordena os feitos, sen dicir cando foron exactamente. Baséase en:
Principios fundamentais de Steno (Horizontalidade orixinal dos estratos, continuidade lateral e superposición de estratos)
Principio de sucesión faunística
Principio das relacións transversais
As veces os estratos poden non estar na posición orixinal, podemos comprobalo a partir dos fósiles, da granoselección ou das gretas de desecamento.
Datación absoluta: Baséase no proceso de desintegración de elementos radiactivos

- Reconstrución da historia xeolóxica
- Orixe do sistema solar: sol e planetas
- Orixe da Terra
Formación da atmosfera
Formación dos océanos
- O tempo xeolóxico e a súa división: Eóns, Eras, Períodos…
Eón precámbrico: formación da Terra, aparición da vida, Pannotia
Eón Fanerozoico
§  Era Paleozoico: Panxea, a vida invade os continentes, aparecen os vertebrados, extinción Pérmica
§  Era Mesozoico: plantas con flores, dinosauros, mamíferos, aves, océano atlántico
§  Era cenozoico: diversificación de plantas con flores e mamíferos, das aves, aparición das cordilleiras actuais e dos homínidos.
- Orixe da especie humana
Antepasados
Proceso de hominización



TEMA 10:
- Ecoloxía e ecosistemas: definición
Compoñentes dos ecosistemas: biótopo e biocenose
O biótopo está determinado polos factores bióticos e abióticos
Valencia ecolóxica (rango de tolerancia), límites ou limiares de tolerancia, zona óptima, adaptacións.
- Adaptacións: modificacións debidas á presión selectiva do medio. Tipos:
Morfolóxicas
Fisiolóxicas
Etolóxicas
- Os seres vivos modifican o medio
- A especie e o uso dos recursos:
Hábitat
Área potencial e real de distribución
Nicho ecolóxico
Xeneralistas e especialistas
- Relacións entre individuos:
- Agrupamentos entre individuos da mesma especie
- Dinámica dunha poboación: o factor máis importante en canto á dinámica da poboación é o tamaño, e para estudalo debemos ter en conta os seguintes conceptos:
Taxa de nacementos, Taxa de mortalidade, tamaño inicial e final da poboación
Explosións demográficas,  (crecemento en forma de J), resistencia ambiental
Capacidade de carga, crecemento en S ou con curva loxística ou sigmoide
Estrutura das poboacións: por distribución de idades ou  distribución xeográfica.
Control de poboacións: factores internos e externos. Simbiose, competencia, equlibrio depredador-presa


TEMA 11:
- Características da biocenose ou comunidade
Diversidade ecolóxica: inclúe a riqueza específica e a abundancia relativa
Compoñentes da biodiversidade: diversidade xenética, taxonómica e de ecosistemas
- Relacións entre especies: analizando se é positiva, negativa ou neutra:  mutualismos, simbiose, predación, perasitismo, herbivorismo, comensalismo, inquilinismo, competencia, amensalismo
- Estrutura trófica dun ecosistema: niveis tróficos. As relacións máis importantes nun ecosistema son as relacións tróficas (alimentarias) pois son as que permiten obter materia e enerxía. Os niveis tróficos son:
Produtores: autótrofos
Consumidores: heterótrofos (primarios, secundarios, terciarios…)
Detritívoros e descompoñedores
- Cadeas e redes tróficas. Son representacións das relacións tróficas nun ecosistema
- Pirámides ecolóxicas: representacións gráficas dos elementos dos ecosistemas (número de individuos, biomasa, enerxía…)
- Ciclos de materia nun ecosistema (por que son ciclos). Ciclos bioxeoquímicos
- Fluxos de enerxía (diferenza cos ciclos)
- Biomasa: variación dun nivel trófico ao seguinte
- Produción
- Dinámica ou transformacións dos ecosistemas. Sucesións


TEMA 12:
- Medioambiente: definición e compoñentes
- Impacto ambiental
- Crecemento da poboación mundial: importancia neste crecemento da:
Revolución neolítica
Revolución científica e industrial
- Recursos naturais
Renovables
Non renovables
Extracción e esgotamento dos recursos naturais
- Acumulación dos residuos
Tipos de residuos: enerxía, gases, líquidos, sólidos
Impacto e problema dos residuos: volume, toxicidade, interferencia nos procesos naturais
Regras para os residuos as 3 R
- Problemas orixinados pola alteración dos ecosistemas
Tipos de alteracións
Perda de biodiversidade
Problemas graves dos ecosistemas
- Solucións para un mundo máis sustentable
Individuais
Gobernos e institucións
Necesidade de acordos mundiais














Guión dos contidos que deberedes dominar para preparar correctamente a proba da segunda avaliación, que terá lugar o 5 de marzo:


TEMA 5

Conceptos de Evolución, de parentesco evolutivo e de árbores filoxenéticas
Conceptos de Fixismo e creacionismo

Teoría evolutiva de Lamarck (Lamarckismo)
          -as condicións ambientais cambian.
          - eses cambios crean novas necesidades que provocan cambios nas condutas.
          - como consecuencia haberá un maior ou menor uso de certos órganos, que farán que os individuos cambien.
          - eses cambios se transmiten á descendencia.

Teoría evolutiva de Darwin. Orixe.
           - existen pequenas diferenzas herdables entre os individuos dunha especie
           - establécese unha loita pola supervivencia., e os organismos tenden a producir o maior número de descendentes.
           - algunhas formas teñen máis éxito que outras, polo que sobreviviran mellor e deixaran máis descendentes.
           - esas características favorables irán sendo cada vez máis abundantes e a especie vai cambiando.

Argumentos a prol da evolución.
                - fósiles
                - distribución xeográfica dos seres vivos
                - anatomía comparada: homoloxías
                - desenvolvemento embrionario
                - células e moléculas (bioloxía molecular)

Como aparecen as diferenzas entre individuos, fontes de variabilidade:
              - mutacións
              - reproducción sexual

Teoría sintética da evolución. Neodarwinismo.

Velocidade da evolución.
              - saltacionismo >> velocidade de evolución irregular
              - gradualismo  >> velocidade de evolución lento e constante.

Selección natural e adaptación: a adaptación é consecuencia do proceso de selección natural. A selección actúa sobre aqueles fenotipos de éxito favorecéndoos.

Teoría do neutralismo e deriva xenética.

Proceso de especiación: é o proceso polo cal surden novas especies.
            Ten lugar nas seguintes etapas:
                                illamento das poboacións
                                diferenciación gradual
                                dúas especies diferentes

Extinción: é o proceso polo cal unha especie desaparece.

TEMA 6



-          A historia da Terra e dos sucesos que aconteceron nela gárdase de diferentes formas:
o   Os fósiles
o   A natureza e a composición das rochas
o   A modelaxe das rochas
o   As estruturas das rochas
-          Para interpretar correctamente a información aportada é necesario ter en conta os seguintes principios:
o   Principio do actualismo
o   Principio de horizontalidade orixinal dos estratos
o   Principio de continuidade lateral dos estratos
o   Principio de superposición dos estratos
-          O relevo é a forma que ten a superficie da terra, e unha das formas máis cómodas de representalo son os MAPAS TOPOGRÁFICOS. Deste tipo de mapas debemos saber:
o   Os seus elementos
§  Curvas de nivel
§  Cota
§  Equidistancia
§  Escala
§  orientación
o   Interpretar os mapas topográficos.
o   Facer cálculos de distancias
§  Entre puntos situados á mesma altitude
§  Estre puntos situados a diferente altitude
-          Cambios eustáticos.
-          Cambios isostáticos.
-          Que é o mobilismo?
-          Argumentos que favorecen a teoría de que os continente se moven:
o   Xeográficos
o   Paleoclimáticos
o   Xeolóxicos
o   paleontolóxicos
-          Teoría da Deriva Continental
o   Hipótese imposible (Que move os continentes?)  
-          Características dos fondos oceánicos
-          Características da Terra e estrutura interna:
o   Capas en función da composición (codia, manto e núcleo)
o   Capas en función das unidades xeodinámicas (Litosfera, manto sublitosférico – astenosfera  e mesosfera-, núcleo externo e núcleo interno



     TEMA 7:
-          Características dos fondos oceánicos e explicación das mesmas
o   Os  fondos oceánicos son moi novos.
o   Dorsais con rochas recentes.
o   A codia oceánica ten máis idade a medida que se alonxa da dorsal.
o   A potencia dos sedimentos depende da idade da cosia oceánica
o   Creación da litosfera oceánica.
o   Destrución de litosfera oceánica (zonas de subdución)
-          Distribución de terremotos e volcáns.
-          Placas litosféricas:
o   Definición
o   Límites de placas ou bordos:
§  Construtivos (dorsais)
§  Destrutivos (subdución)
§  Pasivos (fallas transformantes)
o   Nome das placas máis importantes
o   Como se moven as placas?
-          Tectónica de placas: unha síntese global: teoría que permite explicar a dinámica (funcionamento) da Terra
-          Vulcanismo e tectónica de placas: explicación da presencia de volcán en diferentes zonas
-          Sismicidade e tectónica de placas orixe dos terremotos

TEMA 8:
-          Coñecer os procesos que levan a dividir un continente e formar un océano
-          Coñecer o proceso polo que se poden formar as cordilleiras de tipo:
o   Andino
o   Alpino
-          Deformacións nas rochas
o   Definición de esforzo
o   Tipos de  deformacións (elástica, plástica, por rotura)
o   Factores que determinan o comportamento das rochas fronte os esforzos: temperatura e presenza de auga
o   Características xerais das deformacións: orientación e buzamento
-          Deformacións plásticas: as dobras
o   Elementos: plano axial, charneira, eixe da dobra, flancos, núcleo
o   Tipos:
§  Segundo a idade relativa dos materiais
§  Segundo a posición do plano axial
§  Segundo a simetría
o   Dificultades na identificación das dobras.
-          Deformación por fractura
o   Diáclases: sen desprazamento dos bloques
o   Fallas: fractura e desprazamento dos bloques
§  Elementos: plano de falla, salto de falla, labios de falla orientación da falla
§  Tipos:  normal,  inversa  e de esgazadura
§  Asociación de fallas: graben ou fosa tectónica e Horst ou piar tectónico
-          O relevo como resultado da interacción entre:
o   Procesos xeolóxicos externos
§  Activalos pola enerxía solar e a gravidade
§  A súa acción tende a facer  relevos uniformes, sen desniveis
o   Procesos xeolóxicos internos
§  Activados pola enerxía interna do planeta
§  A súa acción tende a facer o relevo máis abrupto, desigual, con fortes pendentes.

Uns procesos inflúen nos outros.











O guión cos conceptos máis importantes para a proba do 24 de novembro é o seguinte:

   TEMA 1:

 ¿Qué é a célula? Teoría celular.
 Importancia de R. Hooke, Schleiden e Schwann no estudo da célula.
 Tipos de microscopía.
 Tipos de células:
             Procariotas
             Eucariotas
                   Animais
                   Vexetais
  Orgánulos celulares (Cales son e funcións)
  O núcleo e as súas partes
  Funcións celulares
                  Reproducción
                  Nutrición
                          Obtención da materia (autótrofa e heterótrofa)
                          Obtención da enerxía (respiración celular e fermentación)
                 Relación (movementos: vibrátil, ameboide e contráctil)
  Descrición célula procariota
  Evolución das células procaritas ás eucariotas: teoría endosimbiótica
  Orixe da primeira célula: Teorías


Co seguinte vídeo será máis doado aprender as partes das células en inglés:



TEMA 2

Os conceptos importantes para entender o tema son:
  • Especie
  • caracteres (propiedades) poden clasificarse en:
    • específicos
    • individuais
    Outra posible clasificación dos caracteres dos individuos é en:
    •  caracteres cualitativos ou con variación descontinua
    • caracteres cuantitativos ou con variación continua

  E outra forma sería agrupar os caracteres en:
    • hereditarios
    • adquiridos
 En realidade, o que herdamos é información e esa información está nos núcleos dos gametos, na molécula de ADN.

Debedes saber tamén o significado dos seguintes termos:
  • Cromosoma
  • cariotipo
  • célula diploide
  • célula hapolide
  • cromosomas homólogos
  • autosomas
  • cromosomas sexuais
  • xene

A división ou reprodución celular pode producirse mediante dous mecanismos:

  • MITOSE
Ten as seguintes características:
    • a partir dunha célula diploide obtéñense duas dipolides idénticas
    • ten lugar durante toda a vida
    • sucede en todas as células do corpo
    • é necesario para medrar, reparar e repoñer estruturas.
    • transcorre nas seguintes etapas:
      • profase
      • metafase
      • anafase
      • telofase
   Previamente, ao final da interfase ten lugar a duplicación do ADN.


  • MEIOSE
Ten as seguintes características:
    • a partir dunha célula diploide obtéñense catro haploides diferentes.
    • Sucede únicamente durante a vida fértil
    • so ten lugar nas gónadas
    • é necesaria para fabricar gametos
    • transcorre nas seguintes etapas:
      • profase I (sobrecruzamento)
      • metafase I
      • Anafase I
      • Telofase I
      • Profase II
      • metafase II
      • Anafase II
      • telofase II.
Antes da profase I, ten lugar a duplicación do ADN, pero non sucede antes da profase II.

  • Clon
  • células diferenciadas
  • células nai
    • totipotentes
    • pluripotentes
    • multipotentes
  Aplicacións da clonación.

TEMA 3

    Neste tema estudaremos as leis que permiten entender como é a transmisión da información á descendencia.

   Mendel e considerado o pai da xenética, posto que foron os seus traballos os que permitiron comprender como pasaban as características dunhas xeracións ás seguintes.

   Para entender os traballos de Mendel primeiro debes comprender os seguintes conceptos:
  • razas puras: son aqueles individuos que para unha característica (carácter) so teñen e poden transmitir unha posibilidade.
  • Xeración parental (P): son os individuos cos cales se inician os cruzamentos para estudar a transmisión dun caracter.
  • Primeira xeración Filial (F1): son os descendentes da xeración parental
  • Segunda xeración filial (F2): son os descendentes da primeira xeración filial.
  • Híbridos: son aqueles individuos que para unha característica (carácter) teñen duas posibilidades ou informacións. Os indivíduos da F1 son híbridos.
  • Carácter dominante: aquel que se manifesta ou expresa nun híbrido.
  • Carácter recesivo: aquel que non se manifesta ou expresa cando están presentes duas posibilidades (caso dos híbridos).
  • Xenética: parte da bioloxía que estuda a herdanza dos caracteres.
  • Xene: fragmento ou parte do ADN que ten a información necesaria para producir unha proteina e dar lugar a un carácter.
  • Alelos: cada unha das alternativas que ten un carácter.
  • Homocigótico: un individuo é homocigótico para un carácter cando as dúas posibilidades que ten para ese carácter son iguais. (razas puras)
  • Heterocigótico: un individuo é heterocigótico para un carácter cando as  duas posibilidades que ten para ese carácter son diferentes (híbridos).
  • Xenotipo: xenes que un individuo posue para un carácter.
  • Fenotipo: é a información que se expresa ou manifesta para un carácter.




As conclusións dos traballos de Mendel quedan resumidas nos tres principios ou Leis de Mendel:

  1ª Lei de Mendel: Lei da Uniformidade: a F1 resultante dun cruzamento de razas puras opostas para un carácter é uniforme. (son todos iguais e manifestan a alternativa dun dos proxenitores; a alternativa dominante).


   



  2ª Lei de Mendel: Lei da segregación:Os caracteres recesivos que non aparecen na F1, reaparecen na segunda xeración filial (F2), na proporción de tres dominantes por un recesivo.




 3ª Lei de Mendel: Principio da Combinación independente: nos heterocigotos para dous ou máis caracteres, cada carácter transmítese á seguinte xeración filial, de forma independente a calquer outro carácter; por iso é posible calquer combinación para eses caracteres.


    Os caracteres estudados por Mendel presentan o que se denomina Dominancia completa, o cal significa que nos heterocigotos (ou híbridos) so se expresa unha alternativa (a dominante). 

    Pero isto non sempre é asi; hai casos nos que os híbridos presentan unha herdanza intermedia ou incompleta, é dicir, que o seu fenotipo é intermedio entre os dous proxenitores.

    E hai outros casos nos que existe codominancia, é dicir, no híbrido exprésanse os dous alelos (como sucede cos grupos sanguíneos humanos).

  Na parte final do tema explícase a herdanza do sexo e a herdanza ligada ao sexo.



   TEMA 4:

 Material hereditario: ácidos nucleicos:.
     ARN (ácido ribonucleico)
                     ARN-mensaxeiro
                     ARN-transferente
                     ARN-ribosómico
         Formado por: un azucre (ribosa), ácido fosfórico e unha base nitroxenada (A, U, G, C)
          o conxunto destes tres elementos  forma un nucleótido, que é a unidade dos ácidos nucleicos.

    ADN (ácido desoxirribonucleico)
         Formado por un azucre (desoxirribosa), ácido fosórico e unha base nitroxenada (A, T, G, C).
         Son dous filamentos unidos e complementarios, e enrolados soble si mesmos formando unha dobre
         hélice.
         Dise que son complementarios porque unha adenina so se une a unha timina e unha guanina a unha
         citosina.




 Funcións do ADN

 Código xenético e traducción da mensaxe xenética.
    É a forma na que o ADN  almacena a información xenética. Baséase en tripletes. Tres bases consecutivas codifican (significan) un aminoácido determinado. Polo tanto a secuencia de aminoácidos dunha proteina está relacionada coa secuencia de nucleótidos (tripletes) do ADN.

No paso desde o ADN á proteína correspondente hai dous pasos:
  Transcrición:  facer unha copia do xene (ADN) en ARN

  Tradución:  fabricar a proteína nos ribosomas a partir do ARN mensaxeiro







 Replicación do ADN.

É o proceso polo cal o AND fai copias de si mesmo.


 Mutacións.

 Enxeñaría xenética.
 Técnica PCR
 Organismos transxénicos.
 Aplicacións da enxeñaría xenética.